
ACTOS INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN
“TEIXEIRA DE PASCOAES –VICENTE RISCO: DO SAUDOSISMO AO ATLANTISMO”
A exposición que baixo o título “TEIXEIRA DE PASCOAES –VICENTE RISCO: DO SAUDOSISMO AO ATLANTISMO”, pretende achegar ao público, especialmente estudantado galego, a relación intelectual e persoal entre Vicente Risco e os intelectuais portugueses ao longo da década do 1920. Partindo da correspondencia e das dedicatorias do libros, faremos unha aproximación aos movementos culturais portugueses (nomeadamente Renasceça Portuguesa e o seu órganos e expresión A Äguia, así como a Seara Nova)
Faremos fincapé no saudosismo e a súa incidencia na construción do pensamento risquián respecto do atlantismo.
A inauguración da exposición terá lugar o sábado 28 de abril na sede da Fundación Vicente Risco, e se complementará cos seguintes actos.
19:00 horas. Ofrenda Floral ao P. Feijoo na alameda de Allariz. Recitadod e poemas de Teixeira de Pascoaes.
19:45 horas. Inauguración da exposición na sede da Fundación Vicente Risco e conferencia A simpatía, do padre Feijoo a Teixeira, a cargo da Profª. Drª Luísa Malato Facultade de Letras da Universidade de Porto.
20:30 horas. Presentación da revista "Nova Águia".