O vindouro dia 28 de setembro, terça-feira (martes), o profesor, escritor e doutor en teologia Vitorino Pérez Prieto falará dentro do ciclo, Economia, História e C.C. Sociais. A sua charla intitula-se: “Prisciliano como símbolo do povo galego”.
Vitorino Pérez Prieto naceu en Hospital de Órbigo (León) .Estudou Bacharelato, Debuxo e Pintura, Filosofía e Teoloxía (1973-79) en Santiago de Compostela, licenciándose en Teoloxía Dogmática na Universidade Pontificia de Salamanca (1981). Realizou cursos de Teoloxía e Sagrada Escritura na Universidade de Comillas en Madrid (1994-95) e fixo o Doutoramento en Teoloxía na UPSA (Salamanca) cunha tese sobre a teoloxía interrelixiosa e intercultural de Raimon Panikkar. Foi ordenado sacerdote en 1981. Durante vintecinco anos (1981-2006) exerceu como párroco. Foi profesor no Instituto "I.B. de Burela" e na "Escola Diocesana de Teoloxía". Actualmente é profesor nas Universidades da Coruña e Santiago. Foi director da revista "Irimia", e pertence ó Consello de Redacción de "Encrucillada".
É escritor prolífico en xornais, revistas e libros. Foi colaborador de “El Progreso” , “Diario de Ferrol”, “La Voz de Galicia”, “La Región”, “El Faro de Vigo”, “Heraldo de Vivero”, “La Comarca del Eo"... Publicou numerosos artigos nas revistas "Irimia" e "Encrucillada". É colaborador de “A Nosa Terra” e de numerosas revistas galegas e estranxeiras.
Publicou: "A Xeración 'Nós'. Galeguismo e relixión" (1988); "Cristiáns e galeguistas",(1994); "Galegos e cristiáns. Deus fratresque Gallaetiae", (1995); "Do teu verdor cinguido. Ecoloxismo e cristianismo", (1997); "A Romaxe de Crentes Galegos. De Irimia Santa Margarida",(1998); "Ecologismo y cristianismo",(1999); "Con cordas de tenrura", SEPT-Galaxia, Vigo (2000); "Con cuerdas de ternura",(2001); "Contra a síndrome N.N.A. (Non hai Ningunha Alternativa). Unha aposta pola esperanza",(2005). "Os ríos pasan cheos de Deus. Poesía religiosa en galego",(2007). "Obras de teatro para o Nadal",(2009) e "Prisciliano na cultura galega. Un símbolo necesario", Galaxia, Vigo (2010). "Más allá de la fragmentación de la teología el saber y la vida: Raimon Panikkar", e "Dios, Hombre Mundo. La Trinidad en Raimon Panikkar", Herder, Barcelona (2008).
Colaborou en moitos máis libros, entre eles: "O idioma da Igrexa en Galicia",1989; "Castelao e a verdade dos pobres"; "Manuel María, poeta relixioso", 2001; “A presenza de Deus na última poesía galega”,2006; “A dimensión teolóxica do camiño”,2007; “A Igreja do futuro”, en "Ser Igreja", Lisboa 2007
É membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega e da Asociación de Teólogos Juan XXIII, do Centro Interculturale Raimon Panikkar-Italia e doutras asociacións.
Dia: 28 de setembro 2010 - Hora: 8 do serám
Local: Caixa Galiza
Rúa Médico Rodríguez – Corunha