sexta-feira, 10 de abril de 2009

O Galego é útil

Um grupo de galegos radicados em Londres criaram um manifesto interativo para mostrar e provar que o galego é útil também fora da Galiza.
A iniciativa partiu de Xesús Magariños e Inma Gil e tem como principal objetivo contribuir para o debate sócio político e ainda, desmentir a máxima de que o "o galego non vale para nada ou serve só dentro da Galiza"

Abaixo o manifesto na integra. As assinaturas e comentários podem ser feitas no sítio: http://ogalegoeutil.wordpress.com/

O galego é útil

Isto que estás a ler é un manifesto espontáneo, vivo, interactivo, libre de ideoloxía e afiliación política, co que os abaixo asinantes pretendemos, desde a nosa humilde experiencia no estranxeiro, desmentir o mito de que “o galego non vale para nada” ou “só serve dentro de Galicia”.

Todos os idiomas valen e para moito.

A nós, o galego foinos útil e segue séndonos útil nas nosas vidas e aventuras polo mundo adiante:

  1. O galego facilitounos a aprendizaxe doutros idiomas: fíxonos máis sinxela a comprensión oral e escrita doutras línguas, axudounos a identificar e pronunciar noutros idiomas sons que non existen en castelán e facilitounos a aprendizaxe de novas estruturas gramaticáis.
  2. A capacidade de falar galego fixo posible que nos comunicáramos con cidadáns de Portugal e Brasil (entre outras nacións posibles, que xuntas suman unha poboación de arredor de 200 millóns de persoas).
  3. No estranxeiro, o feito de falar galego e polo tanto comprender o portugués deunos unha vantaxe competitiva frente a outros traballadores, xa que a nivel internacional o coñecemento de idiomas sempre é un bonus, sexa a industria que sexa.

Por estas tres razóns prácticas, concluímos, sen ningún tipo de dúbida, que o galego tamén é útil fóra de Galicia. Que non che quenten a cabeza dicindo que non.

1 comentário:

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.